martes, 6 de marzo de 2018

NUTRICIÓN E EDUCACIÓN FÍSICA

Miremos atentamente esta imaxe. Este neno nas mans do seu pai, unha das persoas que máis o quere, desexa que o seu fillo ou filla medren sans, cunha alimentación adecuada.

Por que entón vemos a enorme proliferación de franquicias de comida rápida? Eu respostaría que porque teñen clientela. Os  máis pequenos séntense atraídos por unha cultura de cores e conservantes en que a comida rápida, neste tipo de lugares, é unha das características e ganchos para atraelos. Sempre que mencione "comida rápida" estarei referíndome a un tipo de alimentación insana. Falamos de "comida prefabricada" como perritos calientes, hamburguesas, pizzas... Non pasa nada porque un día utilicemos este recurso, pero as présas da vida e a publicidade non poden manexar a nosa saúde,  e moito menos, a dos que non saben dicir que non, como son os rapaces e rapazas.

Cada vez é máis común ver aos cativos e cativas indo pola rúa con bolsas cheas de gominolas, e outras lambetadas que non son máis ca azucre e colorantes. ¿Por que o permitimos? ¿Por que, ata nos lugares máis insospeitados imos atopando as máquinas de vending? Eu diría as máquinas qe venden azúcres excesivos, graxas saturadas; en moitos casos palmitol? Tan so unha moeda. Cada unha desas moedas que acaban nos petos dos propietarios destes "establecementos", é unha moeda que metemos na carteira da enfermidade.

Non é a primeira vez que xurden correntes médicas advertindo da conexión entre certas enfermidades e o abuso de alguns "alimentos". Entrecomílloo, porque non deberían de entrar nesta categoría. Aquelo que prexudica á saúde, cando se utiliza con asiduidade debería de recibir outro nome. Como dixen antes, en ocasións podemos, como norma... nin podemos nin debemos.

¿QUE É A SAÚDE?

A Organización Mundial da Saúde (O.M.S.) define a saúde como un estado de total benestar, físico mental e social. Comecemos por preguntarnos, de cantas maneiras "atentamos" contra cada un dos tres apartados... Sorprenderanos a resposta. Pode que nos chegue a asustar incluso... ¿Que imos facer para cambialo en cada día das nosas vidas?

Recoméndovos, sobre todo para os que sodes un pouco máis grandiños, e para os vosos pais, nais... atender unha interesantísima conferencia que deu Jamie Oliver, un chef inglés, en TED. Non tén desperdicio. Este chef leva anos loitando contra todo este tipo de cuestións que veño comentando. Non entende o dano que nos estamos facendo a nós mesmos e moito menos aos máis pequenos da casa. Supoño que o ser humanos, porque non é de agora, prefire non molestarse en aprender o bo e déixase levar polos atallos, polo sinxelo... ¿Canto tempo adicamos á cociña? ¿Canto tempo adicamos a pensar en que só nós somos donos do ben ou mal que lle facemos ao noso corpo?

Como antes mencionei, vou deixarche o link a esa conferencia TED. Podes vela subtitulada e incluso podes acceder á transcripción do que el vai dicindo, en castellano, posto que o idioma no que fala é o inglés.



 CONFERENCIA TED: JAMIE OLIVER



Creative Commons License
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.