AQUÍ VAI A BATERÍA DE PREGUNTAS PARA O VOSO TABOLEIRO
| Comeza co A | O alimento líquido por excelencia. Inodoro, incoloro e insípido |
| Comeza co B | No baloncesto e balonmán falo co balón. |
| Comeza co C | Os e as que compiten son os ou as... |
| Comeza co D | Úsanse nalgúns xogos para botar a sortes ou para saber cantas casiñas mover. |
| Comeza co E | Deporte no que se precisan máscaras e floretes. |
| Comeza co F | Se fas algo antiregulamentario cometes unha. |
| Comeza co G | Alimento do que non debemos abusar, se queremos comer equilibradamente. |
| Comeza co H | Pódese xogar sobre 4 rodas ou ben sobre xeo, golpeando unha bóla con bastóns. |
| Comeza co I | Material que ten plumas e pode golpearse ou lanzarse. |
| Comeza co K | Nome de arte marcial. |
| Contén o L | Así se chaman as técnicas que axudan a que nos tranquilicemos. Técnicas de... |
| Comeza co M | Se fas deporte exercítalos. Sen eles non poderías mover os ósos. |
| Comeza co N | Apelido dun famoso tenista español. |
| Contén o Ñ | O que gaña. |
| Contén o O | Persoa á que tés que ir para que vixíe a túa saúde. |
| Contén o P | Deporte orixinario de Brasil, baseado nun arte marcial que se fai como unha danza. |
| Comeza co Q | Se acertas todos os resultados podes ser rico ou rica. |
| Comeza co R | Instalación deportiva que se utiliza para practicar escalada. |
| Comeza co S | Deporte que utiliza unha táboa para desprazarse sobre as ondas. |
| Comeza co T | Bicicleta para dúas persoas. |
| Contén o U | Necesitámola para as coreografías. |
| Comeza co V | O ou a que non perde. |
| Comeza co W | Torneo sobre herba que se celebra en Inglaterra. |
| Contén o X | Nese lugar os bólidos de Fórmula 1 repostan ou repáranse. |
| Contén o Y | Deporte nacido en Inglaterra que utiliza un balón non redondo. |
| Comeza co Z | Se te subes neles terás que gardar o equilibrio. Permítenche camiñar como un xigante. |
This work is licensed under a Creative Commons Attribution-NonCommercial-NoDerivatives 4.0 International License.

Ningún comentario:
Publicar un comentario